Do desperdicio de comida á superconservación: Maitane contaranos como foi evolucionando a súa máquina de conservación de alimentos desde unha simple idea a un proxecto de envergadura

 

Esta nova estudante de medicina, Maitane Alonso, empezou a interesarse pola conservación de alimentos ao ver a cantidade de comida que sobraba na súa casa cada vez que o seu pai cociñaba. Esta entrañable escena levouna a investigar sobre microbioloxía e desenvolver un primeiro prototipo que presentou na Zientzia Azoka de Elhuyar (Euskadi) onde conseguiu o primeiro premio. A partir de aí participou en distintas feiras e certames, conseguindo distintos premios e mencións de honra. A súa participación no Exporecerca Jove levouna a conseguir o premio da Societat Catalá de Biologia e o recoñecemento Intel, o que a levou a participar na final do campionato do mundo de Ciencia e Tecnoloxía, obtendo a maior distinción en Sustentabilidade e a segunda en Microbioloxía.

Ese primeiro prototipo de conservador de alimentos evolucionou notablemente e este ano  Maitane presentaránolo na Maker Faire Galicia, contándonos todo o proceso de desenvolvemento ata chegar a el e as aprendizaxes que xurdiron no camiño.

A empresa galega vén para contarnos como foi a súa evolución nos 12 anos de vida do proxecto

 

Alén Space é unha empresa galega dedicada ao desenvolvemento, deseño e construción de satélites dixitais, tanto software como hardware. Trátase dunha spin-off da Universidade de Vigo que se fundou en 2017, pero cuxo orixe se remonta ao ano 2008 co deseño e fabricación do primeiro nanosatélite español lanzado ao espazo: Xatcobeo. Traballaron en misións espaciais coa Axencia Espacial Europea, a Axencia Espacial Brasileira ou a NASA.

Nos últimos anos recibiron numerosos recoñecementos como o premio Cinco Días á innovación, o premio de Transferencia tecnolóxica da Real Academia Galega de Ciencias e este ano foi elixida como Mellor Startup espacial nos South Europe Startup Awards (SESA). En 2019 recibiron unha rolda de investimento de 1 millón de euros de CDTI e BeAble Capital, o que lles permitiu mellorar os seus desenvolvementos e seguir expandíndose. E leste mesmo ano xeraron unha alianza con Sateliot, un operador de telecomunicacións  satelitales baixo unha arquitectura 5G, para o desenvolvemento da carga útil dos seus primeiros nanosatélites; teñen previsto realizar o primeiro lanzamento a finais de 2020.

Un ano máis na Maker Faire Galicia contaremos con esta empresa que vén representada por Antón Vázquez García, Business Developer en Alén Space, quen xa participou nunha das mesas das xornadas profesionais da pasada edición e deixou a todo o mundo impactado. Nesta ocasión falará dos inicios da empresa, como conseguiron chegar onde está agora e cal é a perspectiva que teñen de fronte ao futuro.

my real food maker faire galicia

Nunha época onde coidar a saúde é fundamental esta  app axúdanos a escoller comida real e a manter os nosos hábitos a través dunha comunidade moi activa.

 

Nos últimos anos o movemento Realfooding creceu de maneira exponencial, trátase dun movemento que prima o consumo de alimentos frescos ou cun procesado mínimo fronte aos grandes ultraprocesados que se crearon co avance da industria alimentaria. Os ultraprocesados fóronse incluíndo nunha gran parte da dieta en case todo o mundo, converténdose nun problema de saúde alimentaria.

My real food nace para axudar ás persoas a volver a unha dieta baseada en comida real, aprendendo a través desta app a analizar a composición dos produtos e alimentos, e elixir aqueles máis saudables. Tamén che ensina a elaborar receitas sas e deliciosas cos alimentos e a marcarse obxectivos para mellorar o teu estilo de vida, podendo compartir todo isto cunha gran comunidade a través da súa propia rede social, un apartado onde podes compartir publicacións, os teus progresos, seguir a outros usuarios, etc.

Sofía Belenguer Hernández, co-Founder e CEO de MyRealFood, virá á Maker Faire Galicia para contarnos con máis detalle as reviravoltas desta app: como se orixinou este proxecto e como foi evolucionando ata chegar ao que é hoxe en día.

Facilitando o avance da neurotecnoloxía mediante a creación de comunidades sólidas, a mellora do coñecemento e a promoción do desenvolvemento profesional.

 

Un ano máis a Maker Faire Galicia pretende abordar todas as temáticas de interese para a comunidade maker, especialmente naqueles ámbitos máis novos. Por iso este ano temos o pracer de contar con NeuroTechX, unha organización sen ánimo de lucro que loita por facilitar o avance da neurotecnoloxía proporcionando recursos clave e oportunidades de aprendizaxe a través de iniciativas tecnolóxicas locais e mundiais.

Para desenvolver o seu proxecto parten de 3 alicerces básicos como son a comunidade, a educación e o desenvolvemento profesional. Consideran que para converterse nunha realidade práctica a neurotecnoloxía debe contar cunha comunidade de expertos, emprendedores e entusiastas neste ámbito, para iso actúan como facilitadores e  conectores desta comunidade.

Doutra banda, sendo o seu obxectivo promover o avance da neurotecnoloxía, a educación é un recurso fundamental polo que NeuroTechX ofrece recursos accesibles e oportunidades de aprendizaxe para principiantes ou expertos.

Por último, encárganse tamén de xerar sinerxias entre os distintos proxectos de innovación e eventos neste ámbito, ao mesmo tempo que axudan á industria para atopar o talento que poida permitir o avance da neurotecnoloxía.

NeuroTechX xa conta con case 16.000 entusiastas da neurotecnoloxía en todo o mundo, que discuten sobre proxectos de neurociencia, tecnoloxía e DIY na súa comunidade. Na Maker Faire Galicia 2020 contaremos co co-fundador desta comunidade e Director Executivo, Yannick Roy. Ademais, este mesmo ano comezou a súa andaina o chapter de NeuroTechX en Galicia (NeuroTechGAL), que tamén estará connosco durante a feira. 😀

Este ano a Maker Faire Galicia presenta un novo formato 100% online, para o que desenvolvemos unha potente plataforma online que permitirá aos participantes vivir unha experiencia única desde calquera punto do planeta. Desta forma convértese nunha das primeiras Maker Faire a nivel mundial que se celebra integramente a través de Internet.

Ademais desta novidade, ás dúas xornadas dedicadas ao ámbito profesional, e ás dúas xornadas abertas a todo o público, súmase este ano unha nova xornada exclusiva sobre educación. Deste xeito a Maker Faire Galicia convértese nun referente na innovación 360º, compartindo contidos e proxectos relacionados coa innovación social e cultural, a innovación educativa e a innovación empresarial.

-Os días 18 e 19 de novembro falaremos sobre o papel da industria en diferentes sectores: aeronáutica, automoción, alimentación, enerxía, saúde e economía circular.

-O día 20 de novembro celebrarase a xornada exclusiva de educación, na que se falará sobre a tecnoloxía, a innovación educativa e a inclusión.

-Por último nas xornadas abertas, os días 21 e 22 de novembro, haberá contido moi diverso relacionado coa robótica, ciencia, do it yourself, arte, música ou gaming entre outros.

Se es unha empresa de recente creación, un centro educativo, unha asociación ou un/unha  maker, non esperes máis e presenta o teu proxecto! Desde hoxe e ata o 15 de outubro temos aberto o call for makers. 😉

Ofrece unha charla, un taller ou expón o teu proxecto e comparte coñecemento coa comunidade maker. Non te perdas o evento de innovación máis importante do ano!

A sexta edición da Maker Faire Galicia celébrase unha vez máis no Museo Gaiás, aínda que este ano de forma virtual, e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura e APD.

Xogos educativos, libros para makers, kits de electrónica e ata un trofeo maker ou unha impresora 3D poden ser teus se participas nos nosos sorteos e concursos que terán lugar durante esta edición da Maker Faire Galicia.

 

  • Sorteo Asitentes. Só por visitar a Maker Faire xa entras no sorteo de 8 xogos educativos para nenos/as e adultos/as ofrecidos por Chafarís, a tenda de xoguetes para desenvolver a imaxinación. https://www.chafaris.es/es/. Bases do sorteo aquí.
  • Sorteo Votacións. Como nas pasadas edicións queremos saber cal é o teu Maker favorito. Para isto tenrás que votar na zona da saída introducindo o teu número de entrada. Así entrarás no sorteo dun kit de electrónica e Arduino máis o libro “Aprende Arduino” ofrecido por Marcombo para que poidas empezar a crear os teus propios proxectos. Bases do sorteo aquí.
  • Competición Hebocon. A Hebocon é a competición de robots absurdos máis tola do mundo. Ao final de cada xornada poderás participar na competición co teu robot creado durante o obradoiro da feira ou na casa. Se o teu robot é o gañador obterás un pequeno trofeo e máis o libro “Empieza a crear!” ofrecido por Marcombo para que sigas creando grandes proxectos fóra da Maker Faire Galicia. (Esta competición tan tola non ten bases, pode pasar calquera cousa, pero atoparás as normas básicas da Hebocon aquí ;))
  • Concurso Pitabots. Xa coñeces ás nosas famosas Pitabots, verdade? Crea a túa no obradoiro ofrecido por VermisLAB e colócaa na la zona correspondente para que tódolos/as asistentes da feira poidan velas e votar a súa favorita. Temos premios para as tres mellores Pitabots da feira! Podes ver as bases do concurso aquí.
  • Rifa Impresora 3D. ¡Consegue a túa impresora 3D por solo 1€! Nos puntos de información poderás adquirir tickets para participar no sorteo dunha Impresora 3D AnetA8 para que poidas iniciarte no fascinante mundo da impresión 3D. Podes ver as bases do sorteo aquí.

 

A resolución dos concursos, os sorteos e a entrega de premios terá lugar o domingo ás 22:00 xunto coa entrega de premios ao/á  mellor Maker da 5º edición da Maker Faire Galicia.

 

Un montón de premios estanche esperando. Moita sorte!

 

 Un ano máis a Maker Faire Galicia vén cargada de contidos para todas a idade e gustos! Charlas, mesas redondas, actividades, concursos, sorteos e espectáculos audiovisuais que poderedes gozar os días 6 e 7 de xullo na Cidade da Cultura.

Se queres saber que talleres gratuítos para pequenos e grandes (de 0 a 100 anos) haberá durante esa fin de semana consulta estoutro post onde explicamos en detalle todos os talleres e actividades da Maker Faire Galicia.

Charlas e mesas redondas

En canto ás charlas comezarán o sábado con Soledad Ayuso, a avoa maker que imprime en 3D. A continuación falará Bruno Moya que nos contará todos os detalles do seu proxecto Glassear. Despois Luís Díaz, Julián Caro e Agustín Flowalistik contarannos como é isto de organizar unha Hebocon. E por último teremos unha mesa de noivos e noivas de makers, que nos desvelarán os detalles de ter como parella a un/a maker : P

 O domingo abrirá as charlas Guille Martínez falando do seu proxecto de próteses impresas en 3D, Ayúdame 3D. Seguiranlle os minimakers de VermisLAB que nos contarán como ven eles o mundo  Maker desde a súa perspectiva. A continuación os mozos e mozas de UDC Big Bang falará do 150 aniversario da táboa periódica e finalmente Pablo Rubio falará de todas as posibilidades que ten o escornabot.

Exhibicións, concursos, sorteos…

Tamén poderás gozar de moitas outras actividades, por exemplo a exhibición de aquakarts que será o sábado ás 19:00 horas e o domingo ás 15:30 horas. Tamén durante todo o sábado e domingo poderedes participar na construción das pitabots ou galiñas robóticas e con elas participar no concurso máis elegante! 😉O sábado poderemos ver en como Yoseba MP pinta un mural en vivo, de 12:00 a 17:00 horas. E o domingo de 18:00 a 19:00 poderedes vivir a final da Hebocon e contemplar todos os combates de robots absurdos que competirán para ser o mellor robot! 😀

Este ano na Maker Faire Galicia contaremos coa participación de Compostela Tech, unha agrupación de comunidades tecnolóxicas de Santiago de Compostela, cuxo obxectivo é fomentar a divulgación da tecnoloxía e visibilizar o traballo de profesionais e interesados no desarrollo de software e hardware, legalidade dixital ou makers.

Durante as xornadas abertas (6 e 7 de xullo) levarán a cabo un Open Space no que debatirán sobre os temas que o público asistente escolla. As persoas que participen escribirán as súas propostas de temas, que logo serán votados dun modo democrático entre os asistentes. As temáticas que máis puntuación obteñan, levaranse a debate entre todos os presentes.

O Open Space de Compostela Tech terá lugar o sábado 6 de xullo de 10 a 14h. Para apuntarte, tan só tes que reservar o teu lugar aquí.

Máis info sobre o Compostela Tech Open Space 2019.

Link eventbrite: https://www.eventbrite.es/e/registro-compostela-tech-open-space-2019-63076080254

As super heroínas galegas levan mandil de cadros

Se cruzaches Galicia pola N-550 seguro que non puideches evitar fixarte nos murais que pintou o artista galego coñecido como Yoseba MP, que entrevistou a mulleres do rural de Galicia e converteunas en auténticas super heroínas.

Yoseba empezou pintando cadros sobre escenas do rural pero pronto cambiou o seu enfoque por un moito maior, pasando a pintar murais que podemos ver nas fachadas de toda Galicia. Primeiro entrevista ás súas modelos, falando con elas descobre os seus superpoderes e é entón cando pasa a retratalas en grandes murais que esperemos que se conserven para a posteridade.

Este ano Yoseba estará presente na Maker Faire Galicia realizando un mural en vivo a xornada do sábado 6 de xullo entre as 12:00 e as 17:00 horas. Se queres ver a este artista en acción anota a data e non o perdas!

Máis información sobre o traballo de Yoseba en Verne.

Un ano máis contamos con numerosas actividades para os asistentes ás xornadas abertas da Maker Faire Galicia. Durante os dous días desenvolveranse talleres para todas as idades e de diferentes temáticas.

O sábado durante todo o día os asistentes poderán crear as súas propias galiñas robóticas (pitabots), ou se o prefiren robots absurdos para participar na Hebocon, poderán participar na exhibición e pilotaxe de drons e en talleres de radiocontrol. Tamén se desenvolverán talleres creativos (xestión emocional, axilidade mental, potenciación do talento feminino, resolución de enigmas…) dirixidos por Latento e Chafarís situará unha ludoteca para o goce dos máis pequenos.

Para aqueles que teñan entre 6 e 100 anos haberá un taller de papirotrónica entre as 12:30 e as 14:00 horas. Tamén teremos un taller de creación de microscopios DiY de 10:30 a 12:00, para persoas entre 8 e 100 anos. Se che interesa aprender sobre Arduino durante esta xornada realizaranse varios talleres, dirixidos todos eles a público entre 12 e 100 anos. Pola tarde, de 16:30 a 18:00 horas levarase a cabo un taller de robótica para todas as idades. Ao longo do día desenvolveranse varias sesións de talleres de slackline e break dance dirixidas por Vella Escola.

O domingo poderanse gozar de novo, durante todo o día e para todas as idades, as actividades de pitabots, creación de robots para Hebocon, drons, radiocontrol, talleres creativos e continuará a ludoteca de Chafarís.

Repetiremos tamén talleres de Arduino para maiores de 12 anos e as sesións de slackline e break dance. Ademais teremos un taller de creación de próteses en impresión 3D (Ayúdame 3D), de 10:30 a 12:00 horas, adaptado a todas as idades. Un de programación de 11:00 a 14:00 horas para maiores de 8 anos acompañados dun adulto ou para adultos que veñan sós. E un de iniciación á robótica para todas as idades de 12:30 a 14:00.

Se queredes asistir a calquera desas actividades a inscrición realizarase na propia feira, no mesmo día no que se celebra o taller, desde as 10:00 horas. Unha mesma persoa non poderá inscribir a máis de 2 persoas nun mesmo taller e non se poderán gardar prazas dun día para outro.

O broche final desas actividades será a competición da Hebocon, onde os/as participantes competirán cos robots que crearon durante os talleres para levar o primeiro premio. Recomendámosvos asistir e coller sitio con tempo porque o aforo complétase! 😀

« Páxina anteriorPáxina seguinte »