Premio_Maker

En Outubro de 2015 celebrouse a primeira MAKER FAIRE da historia de Galicia en Santiago de Compostela; tivo unha asistencia de 18.202 persoas e 138 makers.acio

Galicia_MF_Logo

Tras a boa acollida da primeira edición, a Compostela Maker Faire converteuse, na súa segunda edición, na MAKER FAIRE GALICIA, reafirmando o seu éxito.No 2017 tivo lugar a terceira edición converténdose na máis importante da península, tanto en número de makers como de asistentes, e situándose entre as cinco con máis visitantes de Europa, despois de grandes cidades como Roma ou París.

No 2018 celebrouse a cuarta edición, e consolidouse xa como un evento anual que serve de punto de encontro para os mellores creadores da comunidade, potenciando unha Galicia innovadora e colaborativa.

Coa Galicia Maker Faire buscamos que medre a inquietude por innovar e xerar un punto de contacto para a transmisión de coñecemento entre as diferentes xeracións.


A Maker Faire sten a súa orixe no 2006 na baía de San Francisco coma un proxecto dos editores da revista Make: magazine. Dende entón creceu ata converterse nunha rede mundial significativa de eventos producidos de forma independente.

Enlaces de interese: Maker Faire history, Maker Movement, start a Maker Faire y School Maker Faire


Quen estamos detrás?

Vermis Project | Enrique Saavedra e Marcos Saavedra compoñen este estudio adicado á innovación educativa, social e empresarial. En 2014 crean VermisLab, un proxecto educativo baseado no movemento maker e co obxectivo de explorar novas posibilidades no ámbito da formación, potenciando a creatividade e estimulando a curiosidade d@s alumn@s por as novas tecnoloxías, o deseño ou a ciencia. No 2015 xunto a unha comunidade de makers galegos/as levan adiante o Recuncho Maker, o primeiro makerspace de SCQ. | www.vermislab.com

Contacto

makersgalicia@gmail.com

 

© Maker Faire Galicia

Design Thinkers & Makers S.L.