Do desperdicio de comida á superconservación: Maitane contaranos como foi evolucionando a súa máquina de conservación de alimentos desde unha simple idea a un proxecto de envergadura

 

Esta nova estudante de medicina, Maitane Alonso, empezou a interesarse pola conservación de alimentos ao ver a cantidade de comida que sobraba na súa casa cada vez que o seu pai cociñaba. Esta entrañable escena levouna a investigar sobre microbioloxía e desenvolver un primeiro prototipo que presentou na Zientzia Azoka de Elhuyar (Euskadi) onde conseguiu o primeiro premio. A partir de aí participou en distintas feiras e certames, conseguindo distintos premios e mencións de honra. A súa participación no Exporecerca Jove levouna a conseguir o premio da Societat Catalá de Biologia e o recoñecemento Intel, o que a levou a participar na final do campionato do mundo de Ciencia e Tecnoloxía, obtendo a maior distinción en Sustentabilidade e a segunda en Microbioloxía.

Ese primeiro prototipo de conservador de alimentos evolucionou notablemente e este ano  Maitane presentaránolo na Maker Faire Galicia, contándonos todo o proceso de desenvolvemento ata chegar a el e as aprendizaxes que xurdiron no camiño.