Se es un maker e queres amosarlle o teu proxecto ao mundo durante a celebración da MAKER FAIRE GALICIA, non tes máis que inscribirte a través do noso formulario!
MAKER ou facedor/a é unha persoa que une o coñecemento técnico cun alto potencial creativo, o que lle permite ter unha gran capacidade de resolución de problemas e de xerar innovación. Durante a historia da humanidade sempre houbo grandes makers, pero o cambio significativo radica en que agora e gracias á tecnoloxía, os seus proxectos pódense compartir online con makers de todo o mundo, o que permite unha innovación moito máis áxil. Isto deu lugar a un movemento moi potente a nivel global que se coñece como movemento maker.
O Movemento Maker basease na cultura do Do It Yourself e a aplicación dos principios do software libre á fabricación. Dita fabricación foise democratizando, pasando das grandes empresas ao usuario medio, gracias á aparición de espazos como FabLabs, HackerSpaces ou MakerSpaces e ao coñecemento compartido xerado nas redes. Algúns expertos din que a importancia diste movemento é tal que está dando lugar a unha 4ª revolución industrial.