Todo o que queiras saber da arte fractal da man de Fernando Porto Mato, con máis de 15 anos de experiencia neste ámbito.
Continuamos coas charlas da Maker Faire Galicia 2017! Yago Seijo explica como el e a súa familia son, dende fai décadas, uns auténticos makers do son!
Aquí tedes a primeira das charlas que tivo lugar na pasada edición da Galicia Maker Faire! O protagonista: Gianluca Pugliese, un dos referentes da impresión 3D en España.
E aquí está!!!! Por fin podemos revivir a Maker Faire Galicia 2017!!! Un ano máis puidemos desfrutar do Movemento Maker, a divulgación científica, a artesanía, a cultura urbana e a innovación en múltiples ámbitos! Moitas grazas a todos por compartir con nós un ano máis este evento e moitas grazas a voluntarios, makers, minimakers, partners e participantes que fixeron posible a Maker Faire Galicia 2017. Vémonos de novo en novembro!
Charlas e mesas de debate que versan sobre a tecnoloxía, a innovación, a produtividade intelixente e o movemento maker conforman o groso dunha programación na que destacan, entre outros, os relatorios de Tomás Garces, Lead Design Engineer en First Build, proxecto referente na innovación a nivel mundial e que foi levado a cabo por General Electric; ou os de Arian Group e Edesdev, por citar só algúns. Ademais, haberá un espazo de exposición no que os asistentes poderán coñecer de primeira man exemplos da Galicia máis innovadora, coa presencia de makers galegos creadores de proxectos de innovación de referencia. O acto rematará cunha entrega de premios na que se resaltará ao proxecto máis innovador dos expostos durante ese día.
As empresas interesadas en asistir a esta xornada poderán inscribirse a través deste enlace, onde temos habilitado un formulario no cal, tras cubrir os seus datos, poderedes conseguir a vosa acreditación.
Buscamos que a xornada funcione como punto de encontro entre os makers e a industria máis avanzada, favorecendo a aparición de sinerxias que poidan levar a unha colaboración fluída entre estes dous mundos tan complementarios. As compañías poderán coñecer os proxectos tecnolóxicos máis innovadores levados a cabo por emprendedores e estes terán unha gran oportunidade de conseguir posibles partners.
Programa:
Richard Stallman é unha das figuras máis significativas do movemento do software libre a nivel mundial, coñecido por ter creado en 1983 o sistema operativo GNU, actualmente parte de GNU/Linux, a primeira alternativa aos principais sistemas operativos propietarios: Windows e MacOS. Ten sido recoñecido con numerosos premios, entre os que destacan o premio Grace Hopper Award que entrega a Association for Computing Machinery por Emacs, tamén foi nomeado doutor honoris causa por varias universidades de todo o mundo e forma parte do Salón da Fama de Internet. Coa creación do sistema operativo GNU, sentou as bases do movemento do software libre, onde todo o mundo é libre de copiar ou distribuír o sistema, así como realizar cambios de maior ou menor magnitude. Actualmente o sistema GNU/Linux é utilizado por decenas de millóns de ordenadores. A través da súa fundación Free Software Foundation, Stallman busca concienciar á sociedade, e especialmente aos gobernos, para que utilicen o software libre tanto nas institucións como nas escolas públicas.
A charla de Richard Stallman será un dos pratos fortes desta terceira edición da Galicia Maker Faire, que ademais contará con numerosas actividades de divulgación e entretemento orientadas a tódolos públicos e disciplinas: obradoiros de innovación e creatividade, campionatos de drons, robótica, actuacións interactivas e moito máis.
Podes ver e descargar a súa charla aquí.
Aproveitando que comeza o cole lanzamos o noso Call for Minimakers para que os peques poidan expoñer as súas creacións na Maker Faire Galicia. Se eres nai, pai, profe ou amigo dalgún minimaker non dubides en inscribilo, haberá premios para os tres mellores miniproxectos.
Só tes que enviar un mail a makersgalicia@gmail.com co nome do proxecto, unha breve descrición do mesmo e unha foto (se está terminado xa), xunto cos datos persoais do autor ou autores. Non te olvides de dicirnos por qué debe ser elixido o teu proxecto!
Inscrición aberta a participantes individuais, grupos, asociacións, colexios, etc., menores de 14 anos.
Prazo de inscrición ampliado ao 30 de outubro!!!
Aínda que en Galicia o volume de makers por metro cadrado é enooooorme… makers hainos por todos lados, por iso este ano propoñemos o concurso “Robot peregrino”!! Fai que o teu robot maker “peregrine” por distintos sitios ata chegar á Cidade da Cultura de Galicia, onde celebraremos a próxima #MakerFaireGalicia en novembro!
Saca unha foto co teu robot, ben impreso en 3D, ben en 2D, en calquera sitio de España, e nós faremos que peregrine ata Compostela. O robot con máis me gusta en Facebook gañará un pack de produtos (camiseta, bolsa e póster) da Maker Faire Galicia!!
Envía a túa foto a makersgalicia@gmail.com, o prazo remata o 24 de xullo e anunciaremos ó gañador o 25 de xullo, día de Galicia
No seguinte link poderedes descargar o deseño do robot: https://www.thingiverse.com/thing:331035
A Galicia Maker Faire volve este ano para consolidarse como punto de encontro da Galicia máis innovadora e colaborativa. O evento, pensado para tódolos públicos e disciplinas, reúne nunha sóa fin de semana aos “makers” ou “argalleiros” máis innovadores tanto da comunidade como de fóra, con proxectos que abranguen áreas tan diversas como a gastronomía, a electrónica, a mecánica, a robótica, a música, a ciencia, a arte urbana ou a artesanía, por citar só algunhas.
Dende hoxe temos dispoñemos na nosa web o formulario de inscrición de proxectos. O prazo remata o 30 de outubro, e de tódalas propostas achegadas faremos unha selección final que se incluirá no programa de actividades e contidos desta edición de 2017. A innovación, a orixinalidade e a interactividade co público son os aspectos que máis valoramos á hora de elixir os proxectos.
Como gran novidade desta terceria edición, o evento suma un día máis de programación, o venres 24 de novembro, que estará enfocado ao sector profesional, favorecendo que os expositores seleccionados poidan dirixir dun modo máis óptimo a súa oferta de produtos e servizos, diversificándose en función do diferente público obxectivo. Ademais, buscamos dar o salto internacional, para o que contaremos con poñentes e participantes de referencia a nivel mundial, provenientes dos Estados Unidos ou do Reino Unido entre outros, e cos que esperamos darlle unha visibilidade maior ao evento e, sobre todo, ás empresas e makers presentes na feira.
A Galicia Maker Faire vai ter lugar este ano no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia os días 24, 25 e 26 de novembro.
24, 25 e 26 de novembro son as datas elixidas para a terceira edición da Galicia Maker Faire, que este ano vai ter lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
A Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para tódolos públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc. Un lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais.
Este ano o evento celebra a súa terceira edición consolidándose como a máis importante da península, tanto en número de makers como de asistentes, e situándose entre as cinco con máis visitantes de Europa, despois de grandes cidades como Roma e París.
Durante as edicións de 2015 e 2016 acudiron máis de 24.000 asistentes e máis de 300 makers expuxeron os seus proxectos, converténdose en punto de encontro dos mellores creadores da comunidade e axudando a potenciar unha Galicia máis innovadora e colaborativa.
Para esta edición de 2017, ademais do cambio de localización, o evento suma un día máis de programación, o venres 24 de novembro, que estará enfocado ao sector profesional, favorecendo que os expositores poidan dirixir dun modo máis óptimo a súa oferta de produtos e servizos, diversificándose en función do diferente público obxectivo. A fin de semana do 25 e 26 manterase para o público xeral.
Como obxectivo deste ano a feira busca dar o salto internacional, para o que contarán con poñentes e expositores de referencia a nivel mundial tendo participantes chegados dos Estados Unidos ou do Reino Unido entre outros, dándolle unha visibilidade maior ao evento e que esperan repercuta en novas oportunidades de negocio para as empresas e makers participantes.
Coa divulgación dos proxectos a través do Movemento Maker, a Galicia Maker Faire busca que medre a inquietude por innovar, xerando un punto de contacto para a transmisión de coñecemento entre as distintas xeracións.