Aínda que en Galicia o volume de makers por metro cadrado é enooooorme… makers hainos por todos lados, por iso este ano propoñemos o concurso “Robot peregrino”!! Fai que o teu robot maker “peregrine” por distintos sitios ata chegar á Cidade da Cultura de Galicia, onde celebraremos a próxima #MakerFaireGalicia en novembro!

Saca unha foto co teu robot, ben impreso en 3D, ben en 2D, en calquera sitio de España, e nós faremos que peregrine ata Compostela. O robot con máis me gusta en Facebook gañará un pack de produtos (camiseta, bolsa e póster) da Maker Faire Galicia!! 

Envía a túa foto a makersgalicia@gmail.com, o prazo remata o 24 de xullo e anunciaremos ó gañador o 25 de xullo, día de Galicia

No seguinte link poderedes descargar o deseño do robot: https://www.thingiverse.com/thing:331035