Xefe de Innovación e Estratexia do CIID (Copenhagen Institute of Interaction Design) e cofundador en Chilote Shoes (www.chiloteshoes.com) liderou, entre outras, a estratexia e implementación de innovación aberta na maior empresa de xoguetes do mundo, LEGO®. Tamén traballou en corporacións influentes como Microsoft ou Kodak e varias consultorías especializadas en deseño e innovación. Ademais, Stiven desenvolveu decenas de produtos e servizos de consumo para mercados globais. A súa carteira de proxectos varía desde o deseño de produtos de hardware, aplicacións de software, ata plataformas de innovación social ou aberta. O compromiso de Stiven e, sobre todo, as súas metodoloxías mostran o cambio de papel do deseñador e o desafío educativo e cultural ao que se enfronta unha sociedade cada vez máis tecnolóxica e competitiva. “O meu defecto de fábrica é o optimismo. O meu propósito é potenciar un impacto positivo nas interseccións das persoas e planeta, tecnoloxía e negocios. Gozo de sintetizar a complexidade en solucións simples e significativas”, asegura.
Stiven ofrecerá unha charla o próximo 23 de novembro na Xornada Profesional da Maker Faire Galicia, onde falará sobre a importancia do Design Thinking, a innovación baseada no deseño, e a evolución cara a unha sociedade transmedia.
Galicia Maker Faire, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.