Regemat é o novo proxecto de BRECA Health Care para o desenvolvemento da bioimpresión, unha nova disciplina dedicada á impresión 3D de tecidos.

 

Desde 2011 traballan con centros de investigación en máis de 20 países, especializados en diferentes aplicacións de rexeneración da cartilaxe e pel, ata a creación de modelos vivos para o desenvolvemento de fármacos. Son os primeiros españois especializados neste campo.

José Manuel Baena, CEO da empresa BRECA Health Care, asegura que o obxectivo é pasar da fase de cultivo 2D á 3D. “Este é un novo sector que está a evolucionar moi rápido. Os biomateriais son o futuro da medicina rexenerativa”, afirma.

Regemat participa este ano na Xornada Profesional da Maker Faire Galicia, onde Manuel Figueruela García e Miguel Fernández Doblas ofrecerán unha charla sobre bioimpresión, acompañados por Carmen Álvarez, licenciada e doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, institución que conta cunha das impresoras 3D de tecidos de Regemat, a cal poderemos ver en funcionamento durante a xornada profesional do 23 de novembro.
 

Galicia Maker Faire, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.