O programa da Maker Faire Galicia 2018 é sen dúbida o máis completo de todas as edicións. Nel destacan os máis de 25 obradoiros para todas as idades, os eventos integrados coma Galstech ou NOSOS ou as máis de 20 charlas e mesas previstas durante as dúas xornadas do evento nos diferentes espazos.

 

As inscricións ós obradoiros realizaranse durante a propia feira, no espazo de celebración do mesmo, a partir das 10h da mañá. A asistencia ás charlas e mesas de debate será sen inscrición previa e ata completar aforo, salvo no caso do NOSOS como se indica no programa.

Todos os obradoiros e charlas do programa oficial son totalmente gratuítos para menores de 14 e maiores de 65 anos. No resto dos casos, o custo da entrada á feira será de 5€, sendo válida para as dúas xornadas e incluíndo todas as actividades anteriormente citadas.

 

Algunhas indicacións:

– Para os obradoiros de Plexus, EchidnaShield, Google Asistant e IOT é necesario acudir co teu portatil.

-Para o obradoiro de EchidnaShield tes que ter instalados os seguintes programas:
IDE de ARDUINO
Snap4Arduino

– Se estás interesad@ no obradoiro de Google Asistant requírese que teñas coñecementos de programación básica en JavaScript/TypeScript, unha conta de GMail/Google/G Suite e algún coñecemento de Arduino.

Tamén deberás inscribirte a través deste formulario e esperar a recibir a confirmación de selección.

-Se estás interesad@ no obradoiro de IOT é necesario que teñas un coñecemento básico de Arduino.

Galicia Maker Faire, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.