A empresa galega vén para contarnos como foi a súa evolución nos 12 anos de vida do proxecto

 

Alén Space é unha empresa galega dedicada ao desenvolvemento, deseño e construción de satélites dixitais, tanto software como hardware. Trátase dunha spin-off da Universidade de Vigo que se fundou en 2017, pero cuxo orixe se remonta ao ano 2008 co deseño e fabricación do primeiro nanosatélite español lanzado ao espazo: Xatcobeo. Traballaron en misións espaciais coa Axencia Espacial Europea, a Axencia Espacial Brasileira ou a NASA.

Nos últimos anos recibiron numerosos recoñecementos como o premio Cinco Días á innovación, o premio de Transferencia tecnolóxica da Real Academia Galega de Ciencias e este ano foi elixida como Mellor Startup espacial nos South Europe Startup Awards (SESA). En 2019 recibiron unha rolda de investimento de 1 millón de euros de CDTI e BeAble Capital, o que lles permitiu mellorar os seus desenvolvementos e seguir expandíndose. E leste mesmo ano xeraron unha alianza con Sateliot, un operador de telecomunicacións  satelitales baixo unha arquitectura 5G, para o desenvolvemento da carga útil dos seus primeiros nanosatélites; teñen previsto realizar o primeiro lanzamento a finais de 2020.

Un ano máis na Maker Faire Galicia contaremos con esta empresa que vén representada por Antón Vázquez García, Business Developer en Alén Space, quen xa participou nunha das mesas das xornadas profesionais da pasada edición e deixou a todo o mundo impactado. Nesta ocasión falará dos inicios da empresa, como conseguiron chegar onde está agora e cal é a perspectiva que teñen de fronte ao futuro.