Comor? Ein? WTF!

 

Si, iso é exactamente o que pensamos nós cando a xente de FabLab Xtrene Almendralejo nos dixo que querían traer isto á Maker Faire Galicia. Despois vimos este vídeo e fixémonos fans.

 

 

Para participar só tedes que achegarvos polo seu posto, que se atopará na planta inferior do Museo Centro Gaiás, e apuntarvos nalgunha das diferentes competicións que van levar a cabo durante o sábado e o domingo. Estade puntuais que as prazas seguro que voan!

Galicia Maker Faire, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.