Este ano por primeira vez na Maker Faire Galicia, contaremos cunha Hebocon. Pero…sabedes o que é unha Hebocon?

 

O termo Hebocon ven da palabra xaponesa Heboi, que se utiliza para definir algo que tecnicamente ten algún problema ou é de baixa calidade. Estes robots adoitan facerse con material reciclado como motores, plásticos ou chatarra.

A primeira Hebocon disputouse en Xapón en 2014 e basicamente é unha competición de robots absurdos que compiten por parellas para ver cal dos dous permanece nun espazo determinado, como se se tratase dunha loita de sumo.

O interesante da Hebocon é que calquera, aínda que non teña ningún tipo de coñecemento técnico, pode participar, o que a fai unha actividade perfecta para achegar a tecnoloxía a todo tipo de públicos.

A primeira edición da Hebocon da Maker Faire Galicia levarana a cabo Luis Díaz e Julián Caro Linares e estará enfocada a familias as cales poderán desenvolver o seu robot durante a feira ou poderán traelo de casa.

Non sabemos que sairá de aquí, pero do que estamos seguros é de que os participantes o pasarán en grande XD

 

Galicia Maker Faire, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.