En Outubro de 2015 celebrouse a primeira MAKER FAIRE da historia de Galicia en Santiago de Compostela; tivo unha asistencia de 18.202 persoas e 138 makers.

espacio

Galicia_MF_Logo

Tralo éxito da primeira edición, a Compostela Maker Faire convertese, na súa segunda edición, na MAKER FAIRE GALICIA, chegando a consolidarse como un evento anual que sirve de punto de encontro para os mellores creadores da comunidade, potenciando unha Galicia innovadora e colaborativa.

No 2017 tivo lugar a terceira edición converténdose como a máis importante da península, tanto en número de makers como de asistentes, e situándose entre as cinco con máis visitantes de Europa, despois de grandes cidades como Roma ou París.

Coa Galicia Maker Faire buscamos que medre a inquietude por innovar e xerar un punto de contacto para a transmisión de coñecemento entre as diferentes xeracións.


A Maker Faire sten a súa orixe no 2006 na baía de San Francisco coma un proxecto dos editores da revista Make: magazine. Dende entón creceu ata converterse nunha rede mundial significativa de eventos producidos de forma independente.

Enlaces de interese: Maker Faire history, Maker Movement, start a Maker Faire y School Maker Faire


Quen estamos detrás?

Vermis Project | Enrique Saavedra e Marcos Saavedra compoñen este estudio adicado á innovación educativa, social e empresarial. En 2014 crean VermisLab, un proxecto educativo baseado no movemento maker e co obxectivo de explorar novas posibilidades no ámbito da formación, potenciando a creatividade e estimulando a curiosidade d@s alumn@s por as novas tecnoloxías, o deseño ou a ciencia. No 2015 xunto a unha comunidade de makers galegos levan adiante o Recuncho Maker, o primeiro makerspace de SCQ.| www.vermislab.com

O Gato Cósmico | Matilde Rodríguez é a creadora do proxecto de xestión cultural O Gato Cósmico, co que leva máis de 6 anos organizando eventos culturais e comisariando exposicións en Galicia. A ilustración contemporánea, a arte urbana, a música e a filosofía DIY definen este proxecto que naceu coa idea de dar visibilidade á creación galega e aos artistas máis emerxentes do noso panorama actual. | www.ogatocosmico.com 

 

Contacto

makersgalicia@gmail.com

 

© Maker Faire Galicia

Design Thinkers & Makers S.L.