Nesta edición, e debido ao éxito das anteriores, a xornada profesional se amplía de 1 a 3 días e, xunto aos dous días das xornadas abertas, dará lugar á Semana MAKER e da Industria 4.0.

Estas tres xornadas enfocadas ao público profesional céntranse en temáticas clave para o futuro da industria e a innovación; stands, presentacións e obradoiros onde a robótica, o open data ou a ciberseguridade son algúns dos temas a tratar.

Crear unha contorna idónea para realizar contactos profesionais de calidade, presentar novos proxectos e poñerse ao día do mercado actual son os obxectivos principais destas xornadas, que se celebrarán o 3, 4 e 5 de xullo do 2019 no edificio CINC na Cidade da Cultura de Santiago.

Máis información sobre como participar nestas xornadas aquí.

Consulta o programa en maior detalle aquí.