Aviso legal

O presente sitio web é propiedade e está xestionado por Design Thinkers & Makers S. L. (en diante Maker Faire Galicia), inscrita no rexistro mercantil de Santiago de Compostela (tomo 301, libro 0, folio 206 da sección B).

NIF n.º B 70515564
Domicilio social: Rúa do Tambre 61, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)
Tel: 881251572.
E- mail do DPD: lab@vermislab.com.
Condicións xerais de uso:

O uso do presente sitio web réxese polas normas establecidas no presente aviso legal conforme ás leis españolas. Coa súa utilización, o usuario comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

O Usuario que accede ao Sitio web debe cumprir estas Condicións xerais e as especiais instrucións de uso que se lle mostren en cada momento. Así mesmo, comprométese a obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do servizo do que goza. Así, o Usuario non poderá efectuar modificación nin alteración algunha dos contidos do Sitio web, fóra dos datos que o propio Usuario introducise, nin prexudicará de forma algunha a súa integridade ou funcionamento.

Maker Faire Galicia resérvase o dereito para modificar os termos de uso e política de privacidade, sempre conforme á normativa de aplicación, de acordo co seu propio criterio ou motivado por cambios lexislativos ou doctrinales. Inmediatamente despois de publicar os cambios, ditas modificacións aplicarán a todos os Usuarios que accedan á súa páxina web e/ou redes sociais.

Responsabilidade de Maker Faire Galicia

Maker Faire Galicia non asumirá responsabilidade por:

Pola imposibilidade temporal de acceso ao Sitio web nun momento determinado, ou á información concreta de entre os incluídos en Maker Faire Galicia ou naqueles sitios web aos que o Usuario acceda mediante ligazóns de hipertexto situados no Sitio web.
Pola exactitude ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos fornecidos.
No Sitio web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis fácil a súa comprensión polo Usuario medio, polo que Maker Faire Galicia non se fai responsable polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte de Maker Faire Galicia no exercicio das súas funcións, tal e como se describen nas presentes Condicións xerais.
Maker Faire Galicia non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do Usuario.
Responsabilidade do usuario do sitio web

O Usuario comprométese a:

Facer un uso adecuado e lícito do sitio web así como dos contidos e servizos, de conformidade coa lexislación aplicable en cada momento, as Condicións Xerais de Uso, a moral e bos costumes xeralmente aceptadas e a orde pública. Así como proverse de todos os medios e requirimentos técnicos que se precisen para acceder ao sitio web ou rede social.
Facilitar información veraz ao cumprimentar cos seus datos de carácter persoal os formularios e a mantelos actualizados en todo momento de forma que responda, en cada momento, á situación real do Usuario. O Usuario será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause a DESIGN THINKERS & MAKERS S.L. ou a terceiros pola información que facilite.

Propiedade intelectual dos contidos do Sitio web

Todos os contidos do sitio web, así como a súa estrutura, deseño e código fonte da mesma, están licenciados a Maker Faire Galicia estando protexidos, sen limitacións polas leis de propiedade intelectual e industrial do Reino de España e polos Tratados e Convenios internacionais de aplicación. Prohíbese a reprodución total ou parcial dos contidos deste sitio web, así como a súa modificación e/ou distribución sen citar a súa orixe ou solicitar previamente autorización.

Xurisdición

Todo litixio ou controversia que xurda entre Maker Faire Galicia e un Usuario sobre a interpretación ou a aplicación destas Condicións xerais ou, en xeral, relacionado de maneira directa ou indirecta coa utilización dos servizos ofrecidos no Sitio web será resolvido polos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.

Como requisito previo ao comezo do litixio, Maker Faire Galicia e o Usuario obríganse a negociar de boa fe para resolver o litixio ou controversia durante o prazo dun (1) mes contado desde a data en que unha das partes notifique por escrito á outra a súa pretensión potencialmente litixiosa.

 

Política de privacidade

En cumprimento do disposto na lexislación relativa á protección de datos, e concretamente no Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril Maker Faire Galicia infórmalle que:

Os datos solicitados na sección de contacto non serán incorporados a ningún ficheiro, e serán tratados coa finalidade de atender as súas peticións ou requirimentos. Unha vez finalizada, os mesmos serán eliminados. As categorías de datos corresponden a datos identificativos e de contacto.
Os datos persoais que nos sexan proporcionados na subscrición do Newsletter van ser incorporados para o seu tratamento no Rexistro de actividades de tratamento de DESIGN THINKERS & MAKERS S. L, titular e responsable de tratamento. As categorías de datos corresponderán a datos de contacto. A finalidade será a de xestión desta subscrición Newsletter directamente da web. O tempo de conservación dos seus datos será o correspondente á vez que dure a relación, ou ata que non se exerciten os dereitos de supresión ou cancelación.
O tratamento dos datos persoais levados a cabo por Maker Faire Galicia responde exclusivamente os fins establecidos anteriormente e correspondentes ás categorías de datos requiridas, estando lexitimada para a realización destes tratamentos polo consentimento que expresamente se outorga ao aceptar esta Política de Privacidade.

En todo caso, estes datos non serán transferidos a terceiras persoas sen o correspondente consentimento previo nin fóra dos casos expresamente previstos na lexislación de protección de datos.

Maker Faire Galicia garante o exercicio dos dereitos de acceso aos seus datos persoais, modificación ou rectificación, cancelación ou supresión, oposición e á limitación do seu tratamento, así como á portabilidad de datos dirixíndose a: rúa do Tambre 61, 15704, Santiago de Compostela (A Coruña) (ou e – mail: idea@designthinking.gal) ) achegando unha fotocopia do seu DNI a efectos identificativos.

Igualmente lémbraselle que tamén ten dereito a presentar unha reclamación #ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

 

Política de Cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu ordenador ó acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten a dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que empregue o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ó usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

Esta web emprega cookies propias e cookies de terceiros, puidendo tratarse de cookies de sesión ou cookies persistentes. O uso destas Cookies permítenos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos ós teus intereses, para proporcionarte unha experiencia máis áxil e intuitiva. As Cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e ó seu ordenador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Consentimento

Ó aceptar o aviso que aparece cando entras nesta página estás consentido o uso destas.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu ordenador:

Internet Explorer: windows.microsoft.com/es-xl/internet-explorer/delete-manage-cookies#ie=”ie-10″
FireFox: support.mozilla.org/es/kb/Borrar%20cookies
Chrome: support.google.com/chrome/answer/95647?hl=”es”
Safari: www.apple.com/es/privacy/use-of-cookies/

A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da presente web non te impedirán navegar pola mesma, aínda que dita navegación non poderá desfrutar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.