Este ano teremos na xornada profesional unha mesa de aplicacións tecnolóxicas na industria 4.0.

 

Nos últimos anos estamos a vivir unha revolución tecnolóxica que esta cambiando totalmente a maneira na que se fan as cousas e que se coñece como a industria 4.0. Dentro desta revolución, hai varias tecnoloxías que son a súa cabeza visible como a impresión 3D, a intelixencia artificial ou o Big Data. Con todo, as aplicacións desas tecnoloxías na industria aínda están nunha fase inicial.

Para axudarnos a ver máis posibilidades destas tecnoloxías contaremos coa presenza de Zoe Powell, deseñadora téxtil especializada na creación de biomateriais e membro de Materiom, Gianluca Pugliese, da empresa Wasp, a cal creou unha impresora 3D capaz de imprimir casas por menos de 1000 euros e Juan Marchan de Safran Group, quen nos falará de como podemos predicir o faio mecánico mediante redes neuronais.

Podes ver o programa completo da xornada aquí.

Galicia Maker Faire, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.