Unha das mesas con máis visualizacións desta edición será, sen dúbida, a destes makers que ademais de facer cousas comunícanas en Youtube.

 

Para a ocasión reunimos un elenco moi pero que moi top. Contaremos con César de La Hora Maker, Óscar de Bricogeek e Miguel Ángel Salmerón de The Maker 3DP. Pero iso de momento, porque se cadra temos algunha sorpresa máis preparada.

Xa sabedes, o domingo 25 ás 16:30 tedes unha cita para coñecer un pouco mellor a algúns dos makers máis mediáticos do panorama nacional.

   
 

Galicia Maker Faire, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.