Asistiría o público? Todo era unha incógnita. A noticia circulara sen cesar polas redes, polos mailings, centros de estudantes, boca-orella, pero ninguén podía adiviñar o resultado. Ese día 17 de outubro do 2015 estaban os makers, organizadores, técnicos e voluntariado ocupando palmo a palmo a planta baixa de Área Central. Pero, encheríase? A resposta apareceu desde primeira hora: Ao longo de todo o día máis de 18000 persoas cruzaron as portas para disfrutar dos 183 postos de makers presentes.

Convertémonos na terceira versión desta feira en importancia de Europa! Guaooo!!!

Hoxe achegámonos á segunda edición, xa convertida en Galicia Maker Faire e coa sensación de que xa moitas persoas na cidade e en Galicia saben o que é un maker. Esa cultura vai inundando actividades extraescolares, eventos, espazos, ilusións infantís, gañas de saber e inventar e moitas gañas de compartir. Tal cousa é un maker, un término no que os galegos se senten identificados na súa propia lingua como argalleiros, os fedellantes de sempre. Eses que non van á tenda cando necesitan algo… Eles e elas van, e fano!

É que no fondo todos somos makers, todos podemos recoñecernos nesta cultura que se entende como a capacidade das persoas de aproveitar os elementos que aporta a súa contorna, para transformalas e producir as súas propias solucións. No fondo ten que ver con co-workear (co-traballar) co coñecido sistema de DIY Do it yourself  que mudou ao Do it togheter (Faino ti mesmo, fagámolo xuntos), co Design Thinking, pensamento de deseño, metodoloxías para producir ideas, facelas e compartilas.

Pero a que vén tanto inglés?? Nun mundo marcado polo consumo, esta cultura ha ter sempre unha presenza moi desenvolvida en países como Estados Unidos (recordades a revista Mecánica Popular? (Non claro, seguramente es dos nativos dixitais) o certo é que a mediados do século XX o “fágao vostede mesmo” tiña a súa biblia nunha famosa revista norteamericana chamada Mecánica Popular, tempos inmemoriais nesa sociedade. Hoxe, cando estas cousas non veñen impresas senón que circulan pola rede en miles de comunicacións multidireccionales e multimedia, foros, chats, redes sociais, nubes e demais inventos virtuales, pois nada, que nos levaban vantaxe! E crearon a franquicia deste evento fresco e que temos a delicia de volver sacar adiante. Así que centos de Makers Faires hai por todo o mundo e a nosa é unha delas.

O certo é que a cultura maker está cambiando a forma de innovar. Basta un sitio, unha inquietude e unhas ganas de saber e facer e alí hai avangarda. Estados Unidos e China xa a usan como ferramentas de innovación e a Comisión Europea creou o seu propio evento, a European Maker Week. Máis de 190 cidades do planeta xa fixeron a súa e nós temos a nosa. Este ano compartida coas Feiras de Madrid, León e Bilbao, todas antes de acabar o ano. Vamos, que desde Santiago movémonos e falamos de ti a ti con todo o mundo. E iso sen necesidade de vir polo Camiño, senón a través da rede de redes, outra vía, outra relación.

Grazas á Compostela Maker Faire de 2015, en Santiago a xente visualizou arduino, raspberry Pi ou RepRap na contorna dunha  festa. (Pronto falaremos diso, pero sempre está o noso sitio natural internet).

Cal é noso reto? Sempre vai haber posibilidades para a innovación, o desenvolvemento de startUps, e novas empresas de base tecnolóxica. Sempre haberá robots, drons e novos avances para facer a vida máis fácil, pero noso reto na Galicia Maker Faire é facela nosa, crear desde o espírito argalleiro, deixando o noso xeito de facer.

Ah! E ao berro liberador… A topeeee!!!

Autora: Euri Castillo

@eudelcastillo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *