Xa temos activada a “chamada aos makers”!!!!

 

A Galicia Maker Faire volve este ano para consolidarse como punto de encontro da Galicia máis innovadora e colaborativa. O evento, pensado para tódolos públicos e disciplinas, reúne nunha sóa fin de semana aos “makers” ou “argalleiros” máis innovadores tanto da comunidade como de fóra, con proxectos que abranguen áreas tan diversas como a gastronomía, a electrónica, a mecánica, a robótica, a música, a ciencia, a arte urbana ou a artesanía, por citar só algunhas.

Dende hoxe temos dispoñemos na nosa web o formulario de inscrición de proxectos. O prazo remata o 30 de outubro, e de tódalas propostas achegadas faremos unha selección final que se incluirá no programa de actividades e contidos desta edición de 2017. A innovación, a orixinalidade e a interactividade co público son os aspectos que máis valoramos á hora de elixir os proxectos.

Como gran novidade desta terceria edición, o evento suma un día máis de programación, o venres 24 de novembro, que estará enfocado ao sector profesional, favorecendo que os expositores seleccionados poidan dirixir dun modo máis óptimo a súa oferta de produtos e servizos, diversificándose en función do diferente público obxectivo. Ademais, buscamos dar o salto internacional, para o que contaremos con poñentes e participantes de referencia a nivel mundial, provenientes dos Estados Unidos ou do Reino Unido entre outros, e cos que esperamos darlle unha visibilidade maior ao evento e, sobre todo, ás empresas e makers presentes na feira.

A Galicia Maker Faire vai ter lugar este ano no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia os días 24, 25 e 26 de novembro.