Código de conduta

Requirimos que todos os asistentes, relatores, patrocinadores e voluntarios da nosa conferencia estean de acordo co seguinte código de conduta. A organización encargarase de que se cumpra durante o evento, esperamos a colaboración de todos os participantes para axudar a construír unha contorna segura para todo o mundo.

A versión rápida

Queremos que esta conferencia sexa unha experiencia libre de acoso para todo o mundo sen importar o seu xénero, a súa identidade ou expresión de xénero, idade, orientación sexual, discapacidade, aspecto físico, raza ou relixión. Non toleraremos o acoso de ningún tipo a ningún participante. A linguaxe ou as imaxes sexuais non son apropiadas para o evento, incluíndo as charlas, Twitter e calquera outro medio de comunicación.

Os participantes que violen estas regras poderán ser sancionados ou expulsados da conferencia a discreción dos organizadores.

A versión non tan rápida

Incluímos como acoso os comentarios verbais ofensivos relacionados co xénero, a identidade ou expresión de xénero, idade, orientación sexual, discapacidade, aparencia física, raza, relixión, imaxes sexuais en espazos públicos, intimidación deliberada, espreita, persecución, o acoso con fotografías ou vídeos, a interrupción sostida de charlas ou outros eventos, o contacto físico inapropiado e a atención sexual indeseada.

Os patrocinadores tamén se atopan suxeitos a esta política. En concreto, os patrocindores non deben usar imaxes, actividades ou outro material sexualizado. O persoal (incluíndo os voluntarios) non debe utilizar roupa/uniformes/disfraces sexualizados, ou crear de ningunha outra forma unha contorna sexualizado.

Se un participante ten un comportamento de acoso, os organizadores da conferencia poderán tomar calquera acción que consideren apropiada, incluyento advertir ao infractor ou a súa expulsión da conferencia. Se estás a ser acosado, ves a alguén que o está sendo ou tes algunha outra preocupación, por favor contacta con algún membro da organización inmediatamente. Os membros da organización estarán encantados de axudar aos participantes para contactar coa seguridade do sitio ou a policía local, prover escolta ou asistir doutra maneira para axudar a quen está sendo acosados a sentirse seguros durante a conferencia. Valoramos a túa asistencia. Esperamos que os participantes sigan estas regras durante a conferencia.

Source and credit: http://wtm.gdgmadrid.es/code_of_conduct.html

Original source and credit: http://2012.jsconf.us/#/about & The Ada Initiative

Please help by translating or improving: http://github.com/leftlogic/confcodeofconduct.com

This work is licensed under a Creative Commons Attribution 3.0 Unported License