Este ano adicamos por primeira vez unha xornada dirixida únicamente ao sector profesional, na que contaremos con referentes a nivel internacional no ámbito da innovación. A cita terá lugar na mañá do 24 de novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

 

Charlas e mesas de debate que versan sobre a tecnoloxía, a innovación, a produtividade intelixente e o movemento maker conforman o groso dunha programación na que destacan, entre outros, os relatorios de Tomás Garces, Lead Design Engineer en First Build, proxecto referente na innovación a nivel mundial e que foi levado a cabo por General Electric; ou os de Arian Group e Edesdev, por citar só algúns. Ademais, haberá un espazo de exposición no que os asistentes poderán coñecer de primeira man exemplos da Galicia máis innovadora, coa presencia de makers galegos creadores de proxectos de innovación de referencia. O acto rematará cunha entrega de premios na que se resaltará ao proxecto máis innovador dos expostos durante ese día.

As empresas interesadas en asistir a esta xornada poderán inscribirse a través deste enlace, onde temos habilitado un formulario no cal, tras cubrir os seus datos, poderedes conseguir a vosa acreditación.

Buscamos que a xornada funcione como punto de encontro entre os makers e a industria máis avanzada, favorecendo a aparición de sinerxias que poidan levar a unha colaboración fluída entre estes dous mundos tan complementarios. As compañías poderán coñecer os proxectos tecnolóxicos máis innovadores levados a cabo por emprendedores e estes terán unha gran oportunidade de conseguir posibles partners.

Programa:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *